RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Pablo Martínez sente "orgulloso de deixar esta imaxe" e Jaime é "do Dépor para sempre"

Pablo Martínez e Jaime Sánchez pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o enfrontamento ante o Elche CF.

O central hispano-francés confesa que "se me caeron un par de bágoas" coa homenaxe que recibiu nos prolegómenos do partido. O franco-español vaise "orgulloso ao deixar esta imaxe miña" e confesa que atopou unha familia no Dépor. A pesar de que non foi o mellor partido está seguro de que "xogamos contra un grandísimo equipo e hai que darlle o parabén polo ascenso".

Por último, Pablo Martínez desexa a mellor das sortes ao Dépor e asegura que "necesita estar en Primera e co traballo do presidente, iso será deica pouco". 

Doutra banda, Jaime Sánchez, após oficializar a súa saída, reseña que "foron catro anos incribles" os que viviu na Coruña e recoñece que será "do Dépor para sempre". 

Está "agradecido" ao Club pola homenaxe, que "che axuda a saír con máis motivación". No entanto, lle entristece recoñecer que no seu último partido "non estivemos á altura".

Finalmente, o futbolista andaluz reitera que sente "súper emocionado e súper orgulloso de estar aquí" e desexa que o ano que vén "o Dépor volva con enerxía os que teñan a sorte estar e seguro que vai ser un ano bonito".