RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ensaio ligueiro do Dépor en Ponferrada

O partido amigable xogado esta tarde polo Deportivo no Toralín deixou moitas situacións que se vai a atopar en liga o equipo de Natxo González. Para empezar enfronte a Ponferradina, un equipo ben armado, liderado polo incombustible Yuri; ademais de incómodo, pegañento e con calidade. Os resultados en pretemporada acompañan ao equipo berciano, chamado a pelexar por cousas importantes no grupo 1 de Segunda División B. No último amigable antes de recibir ao Dépor, igualou co Real Oviedo.

Así pois, a primeira parte foi igualada en xogo e en ocasións de gol. Os branquiazuis, hoxe de vermello, crearon perigo á meta da 'Ponfe' grazas sobre todo a disparos afastados, como os de Carles Gil ou Edu Expósito. O primeiro en tirar entre paus foi Borja Valle.

Natxo González mantivo o mesmo esquema utilizado nos primeiros amigables, nos que destaca sobre todo a posesión do balón. O conxunto local, esporeado polo seu público, tratou de aproveitar a verticalidad de Yuri, Son e Jorge García por banda dereita pero sen apenas traballo para Dani Giménez.

O marcador abriuno no minuto 43 Borja Valle cunha espléndida cabezada ao que nada puido facer o meta Gianfranco. O dianteiro deportivista levou ademais a ovación da bancada que o viu crecer como futbolista.

Con este marcador chegouse ao descanso despois dunha entretida primeira parte.

O propio Borja Valle puido abrir o marcador ao comezo da segunda metade. Quedou só ante Gianfranco pero cruzou en exceso o balón. De volea tamén tivo de novo o berciano a oportunidade de anotar.

O partido foi perdendo precisión cos cambios nos dous equipos.

O Dépor deu entrada a 9 futbolistas á vez á hora de encontro. A pretemporada dá un segundo paso e nesta ocasión, os técnicos deron 60 minutos de xogo a un bloque e 30 minutos ao segundo bloque de futbolistas.

A Ponferradina aproveitou un lóxico desaxuste defensivo para igualar o partido, no minuto 67 cunha boa xogada de combinación que rematou Isi.

A partir de aí, o Deportivo, beneficiado loxicamente por calidade no carrusel de cambios, foise a por o triunfo, aínda que con escasa fortuna. Ao contrario, foi o conxunto berciano o que puido levar a vitoria con dous disparos, un deles de falta, que saíron lixeiramente altos.

O amigable deixou ademais para a historia o debut de David Simón no Dépor, exhibindo verticalidad en ataque.

SD Ponferradina: Gianfranco (m. 62, David Gómez), Son (m. 75, David Lorenzo), Ríos Reina (m. 75, Moli), Míchel Zabaco (m. 46, Jon García), Óscar Sielva (m. 46, Joaquín), Jorge García (m. 46, Luisma Vila), Yuri (m. 62 Keith), P. Trigueros (m. 75, Andrés), Saúl (m. 62, Fran Carnicer), Dani Pichín (m. 46, Isi) e David Grande (m. 46, Pablo Espiña).

Deportivo: Dani Giménez (m. 46, Ortolá), Blas (m. 62, David Simón), Bóveda (m. 62, Mujaid), Pablo Marí (m. 62, Sidnei), Dubarbier (m. 62, Saúl), Álex Bergantiños (m. 62, Krohn-Dehli), Guilherme (m. 46, Diego Caballo), Carles Gil (m. 62, Pedro Sánchez), Edu Expósito (m. 62, Gaizka), Borja Valle (m. 62, Uxío) e Quique González (m. 62, Fede Cartabia).

Árbitro: Carlos Frey Domínguez, do Colexio Berciano. Amoestou a Quique González por parte do Dépor e a Yuri da Ponferradina.

Goles: 0-1: Borja Valle (min. 43); 1-1: Isi (min. 67).

Incidencias: Terceiro partido amigable da pretemporada do Deportivo disputado no Toralín ante 2.500 espectadores. A segunda metade empezou con atraso debido a que o persoal sanitario de ambos os clubs subiu a unha das bancadas do Toralín a atender a un afeccionado.