RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Ensaio xeral en ABANCA-RIAZOR de cara a Tudela

O Deportivo realizou esta mañá en ABANCA-RIAZOR un ensaio xeral de cara ao encontro deste domingo 5 de setembro no Estadio Ciudad de Tudela ante o CD Tudelano, na 2ª xornada da 1ª RFEF (17:00 horas, Footters).

Borja Jiménez contou no seu cadro coas ausencias de Valín e Menudo, con adestramento específico; Celso Borges, concentrado con Costa Rica; e Noel e Trilli, ademais de Dani Barcia, na selección española sub-19. Sobre o campo adestrouse con normalidade Diego Aguirre, aínda sen o visto e prace dos Servizos Médicos do Club para competir.

Alberto, Yeremay, Iván Guerrero e David Martínez 'Davo' foron a representación de #ANOSACANTEIRA esta mañá.

O corpo técnico dispuxo unha serie de partidos a metade de campo e a campo completo, con diferentes variantes tácticas e de futbolistas.

Mañá venres 3 de setembro, o equipo regresa a Abegondo. O cadro está citado ás 9:00 para almorzar no comedor da instalación; e posteriormente saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.