RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda en Riazor para o Real Sociedad-Dépor do domingo 23

Desde o luns 10 de abril, e ata o xoves 20 ás 12:00 horas, están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio de Riazor as entradas correspondentes ao partido da 33ª xornada de LaLiga, o que diputarán en Anoeta á Real Sociedad e o Deportivo o domingo 23 de abril ás 12:00 h.

En total tramitaranse 479 a 25 euros cada unha, todas elas correspondentes á Zona Norte Baixa do estadio donostiarra. En despacho de billetes (en horario habitual de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. e sábado 15 de 10:00 a 13:00 -neste úlitmo caso no Pazo dos Deportes de Riazor-) haberá 288 localidades a disposición dos socios, mentres que a Federación de Peñas xestionará os 191 restantes. Para as dispoñibles en portelo é imprescindible mostrar o carné de socio (máximo 2 entradas por carné) e identificar debidamente con DNI aos destinatarios finais das localidades.

Os membros de peñas deportivistas deberán contactar directamente coa Federación en fepedepor@hotmail.com.