RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Fabril - CD Lealtad e para o Dépor ABANCA B - RC Celta no campo Arsenio Iglesias

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias para os partidos deste sábado 21 de marzo ás 12:00 entre o Deportivo ABANCA B e o RC Celta; e do domingo 22 de marzo ás 17:00 entre o Fabril e o CD Lealtad de Villaviciosa.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa IDE de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros no caso do partido do Fabril e de 5 euros para o Deportivo ABANCA B.