RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Entradas (gratuítas e obrigatorias) unicamente para socios e socias para o Fabril - Pontevedra CF do domingo 28 de abril ás 12:00 en Abegondo

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido deste domingo 28 de abril ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) entre o Fabril e o Pontevedra CF, correspondente á 33ª xornada en Segunda Federación.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar as localidades e sen ningún custo adicional, ÚNICAMENTE os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar un asento e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición da bancada nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar as localidades. Para este partido non haberá entradas para público.