RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Entregadas dúas novas camisetas que premian a fidelidade dos socios que acoden a Riazor

  Nos prolegómenos do partido disputado o pasado sábado en Riazor fronte ao Sporting, Laura Fraga García e Rafael Allegue Vázquez recibiron de mans de Juanfran e Emre Çolak as camisetas de cada un dos xogadores

Ademais do sorteo dun Mercedes Clase A de Louzao e unha moto Yamaha NMax de Manell Motor a final de tempada entre os abonados que asistan a todos os partidos, ou unha viaxe ao Caribe de Viaxes Orzán entre os que non fallen a ningún encontro da primeira volta, está a sortearse a camiseta do mellor xogador de cada partido en Riazor entre os socios asistentes a cada choque. Os afortunados nesta ocasión foron Laura e Rafael.
 
A mecánica do concurso, que se repite tras cada partido do Dépor en Riazor, é a seguinte:
 
A cada abonado asígnaselle un número correlativo por orde de entrada na listaxe de accesos que xera automaticamente a aplicación de control de accesos do Estadio de Riazor. A través dunha plataforma de xeración aleatoria de números obtense unha cifra que, neste caso corresponde a Laura no partido contra o Athletic e Rafael no choque contra o Leganés, levándose as camisetas dos elixidos polos seguidores do Deportivo en canaldeportivo.com como os mellores xogadores de cada encontro.
 
Sorteo dunha viaxe ao Caribe con Viaxes Orzán, unha moto Yamaha NMax de Manell Motor e un Mercedes Clase A con Louzao
 
Ademais da as camisetas, os socios que xa acudiron ao catro primeiros partidos en casa e non se perdan ningún partido en Riazor, optan tamén a gañar un Mercedes Clase A de Automóbiles Louzao, unha moto Yamaha NMax de Manell Motor e unha viaxe ao Caribe con Viaxes Orzán.
 
Para optar aos premios o único que hai que facer é acudir co abono a todos os partidos que o Dépor xogue esta tempada en Riazor. Entre todos os socios cuxo carné fose rexistrado no torno de acceso de Riazor en todos o partido sortearanse automaticamente eses premios, ademais de abonos da próxima tempada 2017-2018.
 
Antes, ao finalizar a primeira volta, e co patrocinio de Viaxes Orzán, todos os socios que acudan a todos os partidos ao peche da primeira volta entrarán no sorteo dunha viaxe ao Caribe para dúas persoas con todos os gastos pagos.
 
Gañadores camisetas 2016-2017:
 
Cristina Orjales Rodríguez, Deportivo-Eibar: Pedro Mosquera
Laura Fraga García, Deportivo-Athletic: Juanfran
Rafael Allegue Vázquez, Deportivo-Leganés: Emre Çolak