RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Entrevista a Antonio Álvarez, Presidente do R.C.Deportivo (I)

Aproveitando o parón na actividade deportiva, a actualidade dos despachos tamén pasou por Madrid e a recente asemblea da Federación. Nela o Presidente deportivista Antonio Álvarez foi elixido directivo, o que se interpretou como un signo da puxanza do Rea

Antonio Álvarez: directivo da Federación Española
?O FÚTBOL PROFESIONAL E AMATEUR CAMIÑARÁN POR CAMIÑOS DIFERENTES?

Por primeira vez nos seus 70 anos de existencia, o Real Club Deportivo logrou un posto na Xunta Directiva da Federación Española de Fútbol. O señor Álvarez Rodríguez, como xa informamos oportunamente, foi elixido por votación como representante dos clubs de Segunda División. Que sensación produciulle ao primeiro dirixente deportivista obter unha praza na xunta reitora do máximo organismo futbolístico nacional?. Así responde o Presidente Álvarez:

-Fácil é deducir que sinto satisfeito. Se me presentei á elección foi, en primeiro lugar, pensando no propio Deportivo da Coruña, sobre todo teninendo en conta que nunca estivera representado na Xunta Directiva, despois dese setenta anos de historia. Por outra banda, tamén influíu na miña decisión de presentarme o desexo de traballar en apoio, non só dos clubs de Segunda División, sinó do fútbol en xeral. Creo que estou en condicións de achegar o meu granito de area.

Días antes do Pleno, o señor Álvarez Rodríguez tivo unha destacada actuación na reunión informal que celebrou a Federación Española cos presidentes dos clubs de segunda.

Quizá alí tivo conciencia de que podía ser elixido despois no pleno?

-En efecto, nesa reunión deime perfecta conta de que tiña grandes posibilidades de saír elixido.

Por que?

-Pulsei a opinión dos meus compañeiros e, tras ese cambio de impresións, comprobei que coincidían comigo nos seus puntos de vista. Aquilo fíxome cobrar esperanzas. De calquera xeito, cando damos un voto facémolo sempre a favor daquela persoa que ao noso xuízo sexa capaz de desenvolver positivamente a tarefa para a que se presenta. Neste caso, penso que eles viron no Presidente do Deportivo a un home disposto a non regatear esforzos.

-Ten moito significado para vostede como para o Deportivo o feito de ser elixido?

-Para o Deportivo, a máxima importancia. Se non soubese que a miña elección ía beneficiarme, non me presentou. En canto ao meu, loxicamente cáusame satisfacción contar co beneplácito da maioría. Agora, que dubida cabe, sinto moi obrigado neste labor e tratarei de non defraudar a ninguén.