RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Esgotadas Preferencia Inferior e Pavillón Superior para o Dépor-UD As Palmas

As entradas de Preferencia Inferior e Pavillón Superior esgotáronse para o partido que o Dépor disputa fronte á Unión Deportiva Las Palmas o sábado 20 de maio a partir das 19 horas, nun choque no que o Club fai unha promoción especial aos seus socios e accionistas. Todos eles poderán comprar, ata esgotar localidades, entradas a 5 euros para o partido (máximo 4 entradas por carné), válidas tanto para o Dépor-As Palmas como para o partido de Playoff de ascenso a Segunda B que o Fabril disputará en Riazor (no que os socios poden entrar co seu carné anual).

O Real Club Deportivo quere que a gran familia branquiazul goce dun último partido en Riazor sen presión nin sufrimento tras alcanzar o obxectivo básico e fundamental da temporada, a permanencia, un ano máis, en LaLiga Santander. Deste xeito, o Deportivo disputará no curso 2017-2018 a súa cuarta temporada consecutiva en Primeira, algo que só conseguira tres veces ao longo dos seus 110 anos de historia: primeiro entre 1941 e 1945 (4 campañas), entre 1948 e 1957 (9 campañas) e entre 1991 e 2011 (20 campañas).

As entradas están á venda no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista, o venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. O sábado, día do partido, despáchanse nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00 e ata o comezo do choque.