O canteirán Kevin Sánchez está concentrado en Georgia coa selección española sub-19 con motivo dun mini torneo de clasificación para o Campionato de Europa.
No terceiro e último partido, o combinado nacional enfrontouse hoxe martes á anfitrioa Georgia. Ambos os equipos chegaban ao partido con 6 puntos e por conseguinte xogábanse a primeira posición do grupo.
Kevin Sánchez saíu no once inicial nun partido claramente dominado polos españois (0-4), que selaron así o seu pase á seguinte fase, a Rolda Elite.
O atacante branquiazul foi substituído no minuto 68 por Rayane Belio.
A segunda cita para a sub-19 foi o pasado sábado 18 de novembro fronte a Chipre no Mikheil Meskhi 1 Stadium de Tbilisi.
O futbolista do Dépor saíu ao campo após o descanso en substitución de Peio Canles Urtasun e empuxou para que o seu equipo lograse a vitoria cos tantos de Yanis Senhadji (minuto 48) e Siren Diao (minuto 88).
O primeiro rival de Kevin no torneo foi Moldavia o pasado mércores 15 de novembro tamén no Mikheil Meskhi 1 Stadium de Tbilisi.
O dianteiro fabrilista foi nesta ocasión titular e anotou un do cinco goles do seu equipo, concretamente no minuto 75. Pouco despois, no 79, foi relevado por Olabarrieta.
Os resultados de España neste torneo de clasificación foron os seguintes:
Mércores 15 de novembro ESPAÑA 5 - MOLDAVIA 0
Sábado 18 de novembro ESPAÑA 2 - CHIPRE 0
Martes 21 de novembro XEORXIA 0 - ESPAÑA 4
Mañá mércores 22, o combinado nacional emprenderá o seu regreso a España.
Kevin Sánchez, que este verán renovou até 2028, é un xogador de categoría xuvenil que forma parte do cadro do Fabril en Segunda Federación, onde xa marcou 1 gol.
Debido a esta convocatoria, foi baixa no partido de liga do filial en Langreo do pasado sábado.