RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Espectacular partido entre Orzán SD Xuvenil Feminino e Tomiño FC que acaba en igualada in extremis: 5-5

Orzán SD Xuvenil Feminino e Tomiño FC Feminino asinaron un espectacular partido (5-5), deses que fan afección, correspondente á 4ª xornada no subgrupo 1º da Fase de Descenso de Primeira División. 

Os 90 minutos infestados de goles e alternativas no xogo e no marcador acabaron en táboas despois de que o cadro pontevedrés anotase o seu quinto tanto no último lance do xogo.

Iria Otero -2-, Noe Gómez e Ana Capelo -2 foron as goleadoras orzanistas.

Con este resultado, o Orzán SD Xuvenil Feminino lidera o grupo con 13 puntos e un partido menos, o que xogará ante a SD Tordoia na Torre (campo 1) o vindeiro xoves 14 de abril ás 16:00 horas.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Yaiza García, Celia Sousa, Daniela Agilda, Irene Arcay, Laura Deus, Sara Cercido, Iria Otero, Lucía Fontes, Macarena González, Valeria Filgueira e Noe Gómez. Tamén xogaron: Martina Rivas, Micaela Baratelli, Daniela Basalo, Ivana Fernández e Ana Capelo.

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino nesta fase son os seguintes:

Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Ana Capelo, Laura Santos -2-, Noelia Gómez e Valeria Filgueira) - SD Xuventú de Aguiño 1
PM Friol B 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Lucía Rivas, Laura Santos e Valeria Filgueira)
Orzán SD Xuvenil Feminino - SD Tordoia, o xoves 14 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1)
Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Iria Otero -2-, Noe Gómez e Ana Capelo -2) - Tomiño FC Feminino 5