RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín pide que "nos ilusionemos co que pode vir de novo, outra temporada en Liga F"

Ainhoa Marín pediu ao recoller o Premio Estrella á Xogadora da temporada 2024-25 que "nos ilusionemos co que pode vir de novo, outra temporada en Liga F. Gustaríame motivar a #ANOSAFORZA que siga animándonos, a que haxa máis partidos como o que houbo aquí contra o Sevilla, con 5.000 persoas. Motivo a que todo o mundo poida vernos, gozar de nós. Nós temos que facer que gocen, que iso vai ir a nosa liña para o ano que vén".

Sente "moi orgullosa de levar a camiseta do Dépor. Presumo dela. Agora que veñen as vacacións cando vaia a adestrar irei coa miña camiseta do Dépor. Estou moi orgullosa e agradecida a todo o que nos está levando a estar neste Club. A todo o mundo gústalle sentirse querida e eu aquí síntome moi querida".

Da temporada, admitiu a atacante do Dépor ABANCA que "ao final nos pesaron os minutos en Primera División, que non son fáciles. O obxectivo que tiñamos conseguímolo e ese obxectivo cumprido xerounos ser novas niso, non ter ese tipo de experiencia. Pero de todo imos aprender. Sérvenos para dar un paso adiante. Espero volver o ano que vén e dicir que todo foi ben".

Opina que o seu mellor partido no que, "igual non destaquei tanto a nivel vistoso, foi contra a Real Sociedad, cando gañamos alí, cunha remontada. Fixen un bo partido a nivel de esforzos. Non fun tan vistosa pero impecable noutras cousas que puideron axudar á vitoria".

Da campaña recentemente finalizada sostén que "aprendín moito. Apetecíame verme en escenarios como os que me vin este ano, xogando contra equipos e xogadoras grandes; saber en que punto estaba o Dépor ABANCA, en que punto estaba eu, do que podo ser capaz, do que non. Así que foi unha temporada de aprendizaxe e ilusionante por ver do que eramos capaces".

Finalmente Ainhoa Marín márcase como obxectivo a próxima temporada "a regularidade. Logo mellorar cousas a nivel micro, que poidan axudar ao equipo".