Con seis fichaxes no equipo onubense e Naya, que mantén o once anunciado, despois dos apuros que tivo que pasar a tempada pasada, o Recreativo de Huelva disponse a iniciar unha nova campaña en Segunda.
Para abrir boca aos afeccionados depáraselles a oportunidade de ver aos homes de Santos Bedoya fronte ao Deportivo da Coruña, equipo que ascendeu ao finalizar a tempada, tras permanecer un ano en Terceira. Este compromiso non deixa de inquietar aos afeccionados, que consideran ao Coruña como rival perigoso. O propio Bedoya, que anos atrás defendeu a camiseta do Deportivo, sinalou que o adversario de quenda será difícil de bater...