RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeiro adestramento de Giacomo Quagliata en Londres co Dépor

Giacomo Quagliata (na foto o terceiro futbolista empezando pola esquerda) foi a novidade na suave sesión do Dépor este mércores pola mañá en The Lensbury, cuartel xeral de Os Nosos en Londres.

O novo defensor deportivista foi un máis entre os seus compañeiros nunha mañá principalmente de activación.

Esta tarde, ás 20:45 (hora galega, 19:45 hora local) o Deportivo enfróntase ao Watford de Championship en Vicarage Road no terceiro amigable da pretemporada.

O choque pódese seguir en directo na canle oficial de YouTube do RC Deportivo.