RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Exame de altura para o Dépor ABANCA mañá en Guimarães ante un Sporting CP subcampión de liga en Portugal

O Dépor ABANCA concluirá a súa cuarta semana de pretemporada mañá venres 18 de agosto cun novo amigable, esta vez na cidade lusa de Guimarães, ante o Sporting CP Feminino. O encontro dará comezo ás 12:30 (hora local) nas instalacións do Open Village Sports Hotel.

Até a data unha vitoria ante o Deportivo Alavés Gloriosas na XI edición do Trofeo Teresa Herrera Feminino e unha derrota co SC Braga en Abegondo é a bagaxe de pretemporada das Nosas, conscientes de que o importante é a competición de liga en Primera Federación Iberdrola.

Con ADT (Ana de Teresa) lesionada e Ainhoa Marín en fase de readaptación física, Irene Ferreras leva mañá a Portugal a estas xogadoras: Yohana, Samara, Clara Rodríguez, Henar, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Eva Dios, Carlota, Millene Cabral, Lía, Lucía, Ayaka, Laurina, Raquel, Marta Charle, Sara Debén, Cris Martínez e Paula Monteagudo; ademais da canteirás Carmen Carballada e Elena Vázquez.

Pola súa banda, o Sporting CP é un dos punteiros da Liga BPI, a máxima categoría do fútbol feminino luso. Vixente subcampión ligueiro, só superado polo SL Benfica, as sportinguistas contan nas súas filas con tres xogadoras, as tres atacantes, que participaron no campionato do mundo en Australia e Nueva Zelanda: Ana Borges, Ana Capeta e Diana Silva.

Niso, o conxunto lisboeta iguala en certo sentido ao Dépor ABANCA, por cuxas filas pasaron recentemente tres finalistas con España do próximo domingo: Tere Abelleira, Athenea del Castillo e Misa.

Finalizado o encontro, As Nosas emprenden o regreso á Coruña. O sábado 19 e o domingo 20 será xornada de descanso. Así pois, o próximo adestramento do Deportivo ABANCA será o luns 21 de agosto ás 10:00 en Abegondo, con vídeo e ximnasio previos a partir das 9:00 horas.