
DÉPOR ABANCA · 16 XUÑO 2025
OLAYA RODRÍGUEZ, DEPORTIVISTA ATÉ 2028
Olaya Enrique Rodríguez (Avilés, Asturias, 10 de maio de 2005) renova o seu contrato polo Deportivo ABANCA até xuño de 2028.Na súa primeira temporada en ABANCA-RIAZOR, cedida polo Real Madrid CF, converteuse nunha das referentes ao xogar 29 partidos e marcar 5 goles.O seu bo facer foi recoñecido tanto por medios de comunicación como por #ANOSAFORZA ao ser galardoada con Xogadora Estrella nos meses de febreiro e marzo.Antes de chegar ao Dépor ABANCA, na temporada 2023-24, na que alternou o primeiro equipo branco co filial, participou en 6 partidos en Liga F e noutros 2 na Liga de Campións Feminina.Co segundo equipo madridista logrou o ascenso a Primera Federación Iberdrola con 14 encontros xogados (13 como titular) e con 2 goles anotados.Olaya formouse en varios clubs asturianos como o Femiastur, Real Avilés CF, Versalles, Real Avilés ou o Sporting de Gijón antes de dar o salto ao Real Madrid CF na temporada 2022-23.É internacional española sub-16; campioa do mundo e subcampioa de Europa en 2022 coa selección española sub-17; campioa de Europa coa sub-19 en 2023; e internacional sub-20.

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro

Xornada de portas abertas o vindeiro 29 de outubro na nova se...