O Consello de Administración do Real Club Deportivo dá un novo impulso á campaña destinada a alcanzar os 30.000 abonados, un obxectivo posible co esforzo de todos xa que actualmente estamos a menos de 700 altas dese número tan necesario para poder manter
Facerse abonado do Deportivo é máis accesible que nunca. Os prezos para toda a segunda volta, incluído o R.C. Deportivo-Real Madrid da última xornada e a Copa do Rei son realmente alcanzables.
Ademais, os socios do Deportivo terán preferencia para conseguir unha entrada para unha hipotética final de Copa do Rei no Santiago Bernabéu, en caso de pasar a eliminatoria ante o Figueres. E ser socio do Deportivo implica, por outra banda, unha rebaixa importante para os abonos ou entradas soltas dos dous partidos da segunda fase da liga de Campións en Riazor, ante a Juventus de Turín e o Bayer Leverkusen. E cabe lembrar que os socios do Club recibirán nos seus domicilios a revista oficial do Club, RCD, de carácter bimensual, na que terán toda a información do equipo branquiazul e do Grupo Deportivo.
E por iso agora, desde o Club queremos pedir ao apoio de todos os afeccionados, institucións, empresas e medios de comunicación. Porque para que o Deportivo poida manter o seu actual poder competitivo e económico é fundamental que polo menos 30.000 persoas xuntémonos e apoiemos en cada partido do Deportivo en Riazor, nas grandes ocasións e nas aparentemente menos importantes, cando as cousas vaian ben e cando pareza que se tuercen.
Agora máis que nunca é o momento de comprometerse para apoiar e animar ao equipo e ao Club en todas as súas frontes. Aínda resta media campaña por diante. Temos que levar polo aire ao equipo, sen desanimarnos cando se produzan tropezos inesperados e sen caer en triunfalismos innecesarios.
Os números son claros, 30.000 socios e 5.000 localidades en despacho de billetes, iso é o necesario e conveniente para o Club, e aínda cando non vai ser fácil, non nos esquezamos que poucos equipos de cidades como A Coruña compiten a estas alturas no tres competicións con opcións reais en todas elas de facer algo importante.
Debe quedar moi claro que o equipo non compite só, que a súa afección e seguidores tamén xogan e que Riazor segue sendo o noso fortín. O Deportivo é o Club de todos e os logros deportivos virán co apoio de toda a afección.