RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Falece o ex deportivista Pantaleón II

  Manuel Quevedo Vernetta (Las Palmas de Gran Canaria, 11 de abril de 1937), coñecido futbolísticamente como "Pantaleón II" falleció onte en Madrid. O defensa dereito canario inició a súa carreira futbol&iacu

Tras pasar por Elxe e Hospitalet, en 1964 aterrou o Deportivo, no que só militou unha tempada. Nos seus 21 partidos (20 en Primeira e 1 en Copa) como branquiazul formaba a defensa con Aurre e Domínguez. O once habitual durante aquela campaña era o formado por Benegas; Pantaleón II, Aurre, Domínguez; Manolete, Arcanxo; Muñoz, Loureda, Veloso, Jaime Branco e Montalvo. Tras descender a Segunda ao final da Tempada 1964-1965, Pantaleón II marchouse ao Lleida.

O seu alcume procedía do seu irmán, chamado Pantaleón Quevedo Vernetta, cuxo nomee de pila foi tamén o seu nome deportivo durante o seu paso por UD As Palmas, Atlético de Madrid, Castelló e Tenerife entre 1950 e 1956.
 
O Real Club Deportivo quere enviar os seus máis sinceras condolencias a toda a familia, amigos e excompañeros de Pantaleón II. DEP.