A única cita mañá sábado 18 de maio en #ANOSACANTEIRA é para o Alevín A e Benxamín A. Ambos os equipos afrontan a Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8, en Caranza (Ferrol) e Silleda respectivamente. Só o campión de cada fase xogará a Fase Final Galega.
O formato desta Fase Intermedia será dunha primeira fase de grupo; e os dous primeiros acceden a semifinais, que se xogan a continuación.
Ademais, só dous equipos máis de #ANOSACANTEIRA teñen partido oficial esta semana: Fabril e Benxamín B.
O Fabril acaba a liga no grupo 1º de Segunda División B este domingo 19 de maio (18:00 horas) en Valladolid, no Anexo ao Estadio José Zorrilla, nun partido no que os dous filiais non se xogan nada a efectos clasificatorios.
O partido do Benxamín B corresponde á 13ª xornada na Segunda Fase grupo 1º A Coruña, disputada na súa totalidade o pasado sábado 11 de maio. Este choque xogouse o mércores 15 de maio en Santa María del Mar debido á participación do equipo branquiazul na Kempen Cup de Alemaña, na que obtivo o título da Fase Ouro.
O triunfo deportivista (0-4) supuxo o título ligueiro para o Benxamín B na Segunda Fase, grupo 1º A Coruña.
Así pois, a canteira do Dépor suma once títulos esta temporada tralos colleitados anteriormente polo Deportivo ABANCA B (Primeira Autonómica), o Infantil A (Liga Galega, grupo norte, Fase polo Título e Final a 4), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña e Segunda Fase da Segunda Comarcal), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).
Finalmente, hai parón ligueiro na Liga Nacional xuvenil, División de Honra cadete e Liga Galega cadete, cuxa última xornada será o 25 ou 26 de maio.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda División B
38ª xornada, última: REAL VALLADOLID B - FABRIL, o domingo 19 de maio ás 18:00 no Anexo ao Estadio José Zorrilla
Clasificación: ... 18. AD Unión Adarve, 36 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 25 puntos; 20. Fabril, 24 puntos
Categoría feminina
Clasificación final da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 83 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 82 puntos; 3. Umia CF, 71 puntos...
Categoría xuvenil
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 71 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 65 puntos; 4. Xuvenil B, 64 puntos; 5. Victoria CF, 57 puntos...
Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 88 puntos; 2. Cadete A, 82 puntos; 3. Ural CF, 67 puntos...
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 77 puntos; 3. Cadete B, 71 puntos; 4. Racing Villalbés e Galicia Caranza, 57 puntos...
Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego, no Municipal de Caranza
Sábado 18 de maio
Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A (campo 1)
11:40: GALICIA CARANZA - ALEVÍN A (campo 2)
12:50: ALEVÍN A - CD CALASANZ A (campo 2)
Os dous primeiros pasan a semifinais, que se xogan ás 17:35 horas.
Categoría benjamín
Fase Intermedia do Campionato Galego, en Silleda
Sábado 18 de maio
Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN A - VICTORIA CF (campo 1)
11:40: CD LUGO - BENXAMÍN A (campo 2)
12:50: BENXAMÍN A - ATLÉTICO RIVEIRA (campo 2)
Os dous primeiros pasan a semifinais, que se xogan ás 17:35 horas.
13ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR A 0 - BENXAMÍN B 4 (Hugo, José Quiroga, Pablo e Raúl)
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 39 puntos; 2. Victoria CF B, 31 puntos...