RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Festa e unión de todo o deportivismo na cea anual da Federación de Penas

Todos os estamentos do Real Club Deportivo (Consello de Administración, persoal ao completo, corpo técnico e empregados) reuníronse onte á noite no Mesón de Pastoriza en Pastoriza (Arteixo), con representantes dos medios de comunicaci

A emotiva tarde arrincou ás 20.30 horas cunha misa na Igrexa de Pastoriza en honra de tres peñistas falecidos: Carlos Huelín (Pena Vos Raposos do Carballiño), Alberto Canedo (Pena A Clave de Vilaboa) e Antonio Pérez (Pena de Sarria).
 
Antes da cea, Pepe Corbal, Vicepresidente da Federación de Penas, resaltou a presenza de representantes das 70 penas e lembrou ao tres peñistas falecidos. Miguel Anxo Lotina, técnico do primeiro equipo, expresou desde o estrado o seu desexo de seguir "máis anos aquí. Levamos tres anos pero por nós non haberá problema para seguir". "Nunca estivera nun Club que reúna tantas penas nun acto", engadiu Lotina, aclamado en varios momentos do seu discurso.
 
Pola súa banda,  Juan Carlos Valerón asegurou tamén ante todos os peñistas que o "Premio a unha Estrela", que este ano recaeu no seu compañeiro e amigo Manuel Pablo, "é moi merecido". José Ramón Pena, Presidente da Federación de Penas, tamén se dirixiu aos presentes e recalcou no seu discurso a unión de todo o deportivismo. Pero foi Manuel Pablo o que levou a gran ovación da noite ao recoller, de mans de toda a directiva da Federación de Penas, o "Premio a unha Estrela".
 
A velada estivo amenizada polo Trío Albatros, que pechou unha xornada festiva en branco e azul. Felicidades aos organizadores, a Federación de Penas do Real Club Deportivo.