Tres equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron hoxe mércores citas amigables, con festival de goles nos 2 partidos disputados na Cidade Deportiva: 5-5 entre o Cadete (na foto da noticia) e o Ural Español CF de categoría xuvenil; e 8-0 para a Infantil fronte ao Bertamiráns FC.
Pola mañá no Monte, o San Tirso SD Cadete dobregou ao Ural Español CF A con un gol de Héctor aos 7 minutos de partido.
Mañá xoves ás 20:00 horas, o Fabril mídese ao CD Estradense de Tercera RFEF nun novo amigable de pretemporada, o único da xornada.
Óscar Gilsanz non poderá contar cos futbolistas que a día de hoxe adéstranse co primeiro equipo: Mella, Martín Ochoa, Barba, Diego Gómez e Jairo.
Os citados son: Brais Suárez, Hugo Ríos, Puerto, Somolinos, Álex Pereira, Óscar Moratías, Iano Simao, Álvaro Santamaría, Marc, Brais Val, Rubén, Iñaki, Tim, Nájera e Joao; ademais dos xuvenís Manu Berrocal, Mardones, Carreira, Hugo, Álex Delgado e Kevin.
Onte martes, o empate (0-0) do Xuvenil B en Cambre ante o conxunto anfitrión de Primera Autonómica serviu para arrincar unha nova semana de pretemporada en #ANOSACANTEIRA.
No campo Dani Mallo, o equipo de Miguel Figueira disputou o seu sexto partido desta pretemporada. Até a data, o vixente campión da liga Nacional igualara co Sporting Meicende de Primeira Autonómica (1-1) e Atlético Arteixo (1-1); e derrotara ao Racing de Ferrol (2-0), Atlético Coruña Montañeros CF (1-2) e CD Calasanz (0-1).
Esta semana teñen dobre cita, ademais do Fabril, que tamén se mide o sábado á SD Compostela; o Deportivo ABANCA B, que xogará na Coruña o Memorial Moncho Rivera e o Memorial Faraldo; o Cadete, que visita o sábado ao Galicia Caranza en Ferrol; e o Infantil, que se enfronta tamén ao CD Calasanz cadete o sábado pero en Abegondo.
Así mesmo, o Xuvenil A, que a pasada fin de semana logrou con brillantez a Sinde's Cup de Narón ao imporse (5-1) na final ao RC Celta, enfróntase o sábado ao AD Miño de Preferente Autonómica na citada localidade coruñesa.
Finalmente hai torneo amigable en Vigo, a MS2 Cup, para 3 equipos de #ANOSACANTEIRA: Xuvenil B, San Tirso SD Cadete e San Tirso SD Infantil.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Memorial Moncho Rivera: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 26 de agosto ás 12:00 na Grela
Memorial Faraldo: DEPORTIVO ABANCA B - GIJÓN FF, o domingo 27 ás 12:00 na Torre
Segunda Federación
FABRIL - CD ESTRADENSE, mañá xoves 24 de agosto ás 20:00 horas en Abegondo
FABRIL - SD COMPOSTELA, o sábado 26 de agosto ás 11:30 en Abegondo
Categoría xuvenil
AD MIÑO (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o sábado 26 de agosto ás 19:00 no Municipal de Gallamonde (Miño)
Onte martes: SPORTING CAMBRE (Primera Autonómica) 0 - XUVENIL B 0
MS2 Cup en Vigo
Domingo 27 de agosto
Primeira Fase
10:40: PABELLÓN OURENSE CF - XUVENIL B, no campo José Costas
13:10: XUVENIL B - CVC VALLADARES, no campo José Costas
14:50: XUVENIL B - GRAN PEÑA, na Madroa (campo 1)
Os 2 primeiros pasan a cuartos de final e o 3º do grupo xogará unha Fase de Prata, todo iso a partir das 16:30 horas
Categoría cadete
CADETE 5 (Miguel de Labra, Diego -2-, Xabi Campos e Lucas) - URAL ESPAÑOL CF (xuvenil) 5
GALICIA CARANZA (xuvenil) - CADETE, o sábado 26 de agosto ás 10:15 no Municipal de Caranza (Ferrol)
SAN TIRSO SD CADETE 1 (Héctor) - URAL ESPAÑOL CF A 0
MS2 Cup en Vigo
Sábado 26 de agosto
10:40: SAN TIRSO SD CADETE - SALGUEIRIÑOS CF, na Madroa (campo 2)
12:20: RÁPIDO DE BOUZAS - SAN TIRSO SD CADETE, no campo José Costas
17:20: FURSAN FC - SAN TIRSO SD CADETE, no campo José Costas
O primeiro de grupo xogará as semifinais e o 2º, unha Fase de Prata.
Categoría infantil
INFANTIL 8 (Picallo -3-, Dani, Sergio, Roade, Pablo e Raúl) - BERTAMIRÁNS CF 0
INFANTIL - CD CALASANZ (cadete), o sábado 26 de agosto ás 10:00 en Abegondo (campo 6)
MS2 Cup, en Vigo
Sábado 26 de agosto
11:30: FC PORTO - SAN TIRSO SD INFANTIL, na Madroa (campo 1)
14:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - REAL VALLADOLID (campo José Costas)
18:10: SAN TIRSO SD INFANTIL - UD SANTA MARIÑA na Madroa (campo 2)
Os dous primeiros pasan ás semifinais e os outros dous disputarán unha Fase de Prata; todo iso o domingo a partir das 9:50