RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Festival goleador do Fabril en Santiago con Adri Castro autor dun hat trick

O Fabril reencontrouse co gol en Santiago con motivo do seu encontro ante a Agrupación Estudantil (2-6), correspondente á 20ª xornada no subgrupo A de a Terceira División.

Sobresaliente actuación do conxunto de Juan Carlos Valerón e en especial de Adri Castro, que celebrou a súa renovación polo Dépor imitando con outro hat trick a Miku no primeiro equipo.

Pescador, Juan Cambón e un futbolista rival en propia meta completaron o marcador para un Fabril con moita presenza en ataque e até con dous disparos ao pau.

Con este resultado, o Fabril suma 25 puntos e é oitavo na táboa, cun partido menos. A sexta praza, en mans agora do Viveiro CF, está a dous puntos, posto que os viveirenses suman 27 e cos mesmos partidos cos deportivistas.

Fabril: Pablo Brea, Iván Guerrero, Juan Rodríguez, Yuste, Guille Bueno, Kanouté, Barba, Javi Sánchez, Yeremay, Pescador e Adri Castro. Tamén xogaron: Guedes, Sarmiento, Boedo, Juan Cambón e David Suárez.

O Club activou, dentro das esixencias da actual situación sanitaria, o protocolo de apertura con aforo reducido da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido do mércores 17 de marzo ás 20:00 horas entre o Fabril e o Racing Villalbés, correspondente á 16ª xornada e aprazado no seu día por COVID-19.

Poden optar a unha das case 150 invitacións dispoñibles todos os Socios do Real Club Deportivo que o soliciten formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es, na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimos números do DNI e correo electrónico.

Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da invitación; en caso de adxudicación de invitación e de que se poidan realizar desprazamentos, poder notificar ao socio que ten dereito de acceso á Cidade Deportiva; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.

Dado o escaso número de localidades dispoñibles, o Real Club Deportivo roga encarecidamente que unicamente soliciten invitación aqueles Socios que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden entradas sen utilizar.

A solicitude formal debe realizarse até mañá luns 15 de marzo ás 14:00 horas, momento no que se pechará o prazo.

Posteriormente notificarase, vía correo electrónico, a aqueles que sexan adxudicatarios dunha invitación, que dispoñen de entrada e o método de acceso á Cidade Deportiva, lembrando que antes de desprazarse a Abegondo deben comprobar se poden viaxar até as instalacións desde os seus lugares de residencia.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0
Fabril 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD Somozas 0
UD Paiosaco H. Añón 2 - Fabril 1 (Barba)
Fabril 0 - Silva SD 0
CSD Arzúa 1 - Fabril 0
Fabril - Racing Villalbés, o mércores 17 de marzo ás 20:00 horas en Abegondo
CD As Pontes 3 - Fabril 2 (Barba e Guille Bueno)
Fabril 1 (Boedo) - Bergantiños CF 2
Polvorín FC 3 - Fabril 1 (Jairo)
Agrupación Estudantil 2 - Fabril 6 (Adri Castro -3-, Pescador, Juan Cambón e un futbolista rival en propia meta)