RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Fin de semana de descanso para todos os equipos de ANOSACANTEIRA feminina

Esta semana teñen parón ligueiro todos os equipos de ANOSACANTEIRA feminina, que retomarán a competición a primeira fin de semana de decembro.

En canto ao filial, o Dépor ABANCA B, a súa próxima cita será a visita ao Atlético Villalonga FF o sábado 6 de decembro ás 17:00 no campo Novo San Pedro.

Por outra banda, a gardameta do Deportivo ABANCA B Antía Veiga está concentrada coa selección española sub-17 na Rolda 1 do Campionato de Europa que se xoga estes días en Portugal.

E finalmente este pasado martes 25 no campo da Doce en A Escravitude, as orzanistas Azucena Fidalgo, Claudia Sande e Marta Moreno participaron nuns adestramentos da selección galega sub-16; así como Elba Agrafojo, Daniela Arrojo e Lorena Anastase con Galicia sub-14.

A clasificación dos diferentes equipos é a seguinte:

Segunda Federación
Clasificación: ... 7. SD Eibar B, 16 puntos; 8. Dépor ABANCA B, 13 puntos; 9. Olímpico de León, 12 puntos; 10. Madrid CFF B, 11 puntos...

Tercera Federación
Clasificación: ... 5. Victoria FC, 16 puntos; 6. Lóstrego CF e Orzán SD Sub-21, 14 puntos, 8. Tomiño FC Femenino, 13 puntos...

Primera Autonómica
Clasificación: ... 12. Sporting Cambre e SCD Pastoriza, 7 puntos; 14. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 15. UD Carral, 4 puntos...

Liga Galega cadete
Clasificación: 1. Victoria CF, 21 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 19 puntos, 3. SCD Milagrosa e Racing de Ferrol, 18 puntos...

Liga Galega infantil
Clasificación do grupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A, 22 puntos; 2. Racing de Ferrol (un partido menos), 19 puntos; 3. Victoria CF, 15 puntos...

Clasificación do grupo 2º: ... 3. Bergantiños CF e UD Cerqueda, 16 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 15 puntos; 6. UC Cee, 9 puntos...