RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Fin de semana de torneos desde mañá venres na Coruña, Ribadumia, Vigo, Azpeitia, Francia e Inglaterra

ANOSACANTEIRA encara unha nova fin de semana de torneos amigables que arrincan xa mañá venres con representación deportivista en Azpeitia.

Así, o Cadete ten cita o sábado na Torre na 32ª edición do Torneo de Fútbol Base Ciudad de La Coruña que organiza a Orillamar SD. CD Calasanz, Imperátor OAR e Bertamiráns FC son os rivais na Primera Fase.

A Vigo desprázase o Infantil (na foto da noticia de arquivo) para competir na MS2 Cup nas instalacións da Madroa. O UD Ourense, Colegio Hogar SR e Rápido de Bouzas serán os primeiros rivais dos branquiazuis.

Pola súa banda, o Alevín A competirá na localidade francesa de Le Mans no Mondial Ou12 Ans Jean Pierre Papin.

Na Europaths International Cup de Londres haberá dobre representación do Club, concretamente do Fabril FC Alevín e do Fabril FC Benxamín.

O Benxamín A participa na Copa Ribadumia que cada temporada se celebra nas instalacións da Senra.

E finalmente o Orzán SD Infantil A Femenino, subcampión galego, xoga a Azpeitia Cup na localidade guipuscoana.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
Azpeitia Cup, en Azpeitia (Guipuzcoa)
Primera Fase
Venres 21 de xuño
19:00: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - REAL VALLADOLID (campo 2)

Sábado 22 de xuño
11:30: EZKURDI A - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO (campo 1)
12:30: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - SD EIBAR (campo 3)
17:30: ARNEDO - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO (campo 1)
18:30: LAGUN ONAK A - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO (campo 2)
Os 4 primeiros de grupo accederán a unha Fase Final

Categoría cadete
XXXII Torneo de Fútbol Base Ciudad de La Coruña, na Torre
Sábado 22 de xuño
Primeira Fase
15:55: CD CALASANZ - CADETE
17:55: IMPERÁTOR OAR - CADETE
18:35: BERTAMIRÁNS FC - CADETE
Os dous primeiros pasan a semifinais, que se xogan xa a continuación

Categoría infantil
MS2 Cup en Vigo, na Madroa (Vigo)
Sábado 22 de xuño
Primera Fase
12:20: UD OURENSE - INFANTIL (campo 1)
21:30: INFANTIL - COLEGIO HOGAR SR (campo 1)

Domingo 23 de xuño
11:30: RÁPIDO DE BOUZAS - INFANTIL (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final e o terceiro accederá a unha Fase de Plata

Categoría alevín
Mondial U12 Ans Jean Pierre Papin en Le Mans (Francia)
Primera Fase
Sábado 22 de xuño
9:30: ALEVÍN A - SF ACADEMIE GUADELOUPE
10:50: ALEVÍN A - ES BULLY LES MINES
12:10: ALEVÍN A - USN SPAY
En función da clasificación os equipos pasarán á seguinte fase

Europaths International Cup, en Londres
Primera Fase
Sábado 22 de xuño
14:24: FABRIL FC ALEVÍN - GEN LIONS
14:58: FABRIL FC ALEVÍN - AFC WOMBLES
15:32: DRAGONS FOOTBALL ACADEMY - FABRIL FC ALEVÍN
16:06: SUTTON UNITED YELLOW - FABRIL FC ALEVÍN
En función da clasificación, o equipo pasa a unha segunda fase

Categoría benxamín
IV Copa Ribadumia, na Senra (Ribadumia)
Primera Fase
Sábado 22 de xuño
10:45: BENXAMÍN A - UD SUR (campo 1)
12:00: BENXAMÍN A - TSK ROCES (campo 1)
18:30: BENXAMÍN A - SD TEXTIL ESCUDO (campo 4)
20:10: BENXAMÍN A - CD CUATROVIENTOS (campo 3)

Domingo 23 de xuño
9:00: BENXAMÍN A - DV7 MADRID (campo 2)
En función da clasificación os equipos pasarán despois a unha Fase Final

Europaths International Cup, en Londres
Sábado 22 de xuño
Primera Fase
9:38: FABRIL FC BENXAMÍN - FPF
10:16: FABRIL FC BENXAMÍN - EQUIPO PROCEDENTE DA FASE PREVIA
10:35: DRAGONS FOOTBALL ACADEMY - FABRIL FC BENXAMÍN
10:54: LUTON TOWN - FABRIL FC BENXAMÍN
En función da clasificación, o equipo pasa a unha segunda fase