RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Flavio despídese da afección

O xa ex-deportivista Flavio Conceiçao, presentado esta mañá polo Real Madrid, viaxou á cidade herculina esta tarde para despedirse do Consello de Administración do Club así como dos afeccionados.

Flavio admitía "o soño de calquera futbolista é xogar no Real Madrid, pero tamén estou moi triste por saír do Deportivo, un club que me deu todo, un club ao que levo no corazón con todo agarimo".

O xogador afirmou que a despedida dos seus compañeiros e amigos foi dura "pero a carreira do futbolista é así".