RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Folgado triunfo do Xuvenil B sobre o CD Lérez

O Xuvenil B sacou adiante con folgura (6-1) o seu partido da Liga Nacional ante o CD Lérez, correspondente á 12ª xornada. Añón, Mario, Juanma -3- e Luque foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 25 puntos e mantense na 5ª posición da táboa, á espreita dos postos de cabeza.

Xuvenil B: Íker, Roque, Añón, Fito, José Manuel, Mario, Novoa, Víctor, Juanma, Peke e Luque. Tamén xogaron: Adrián, Melide, Landeira e Pablo Martínez.

A próxima fin de semana, o Xuvenil B visita ao CD Areosa.

A liga transcorre así para o equipo de Rubén Coméndez:

Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar 1
Porriño 2 - Xuvenil B 1 (Fito)
Xuvenil B 2 (Juanma e Luque) - Lugo B 0
ED Val Miñor Nigrán B 0 - Xuvenil B 1 (Peke)
Xuvenil B 2 (Luque e Víctor) - Celta B 1
Arosa SC 1 - Xuvenil B 1 (Luque)
Xuvenil B 2 (Juanma e Peke) - CD Choco 0
Victoria CF 2 - Xuvenil B 1 (Mario)
CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Pol, Novoa e Luque)
Xuvenil B 1 (Portas) - CD Calasanz 3
Rápido de Bouzas 0 - Xuvenil B 1 (Novoa)
Xuvenil B 6 (Añón, Mario, Juanma -3- e Luque) - CD Lérez 1