RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Foto de familia na Deportienda coa Copa do Rei

Os nenos dos concellos de Abegondo, Ponteceso, Laxe, Carral e Coristanco visitaron esta mañá Abegondo, o Estadio de Riazor -os Palcos VIP, zona de prensa e o rectángulo de xogo-, a Praia Club e a Deportienda, onde se fotografaron coa Copa do Rei lograda p


O grupo de nenos participa esta semana no Campus de Fútbol 2002, organizado polo Deportivo e patrocinado pola Deputación e a súa estancia en Acea de Ama finaliza este sábado.

Durante toda a semana aprenderon, xogaron e divertíronse e o sábado recibirán os diplomas acreditativos. Nestes días de convivencia os nenos practicaron fútbol, coñeceron un pouco máis A Coruña, achegáronse máis á realidade do Deportivo e intercambiaron experiencias con profesionais do mundo do fútbol e tamén con nenos doutros concellos da provincia. Ademais, a natación, o páddle ou o tenis foron outros deportes practicados.
Sen ningunha dúbida, unha semana que non esquecerán facilmente.