RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso: "Agora vese un Dépor ABANCA que ataca a área con moitísima máis fame"

Fran Alonso, visiblemente satisfeito, subliña após o triunfo por 1-6 en Fuenlabrada ante o Madrid CFF que "agora se ve un Dépor ABANCA que ataca a área con moitísima máis fame".

Nesta liña, mostrouse "orgulloso de que marcasen as centrais (Barth e Raquel), 'Monti' despois de tanto tempo... Estou contento por todas. Merecéronllo. Até o asubío final dérono absolutamente todo. Non se escatimaron ningún repregamento, as ideas moi claras".

O técnico deportivista cre que este resultado "nos dá moitísima confianza para seguir traballando nesta liña. O equipo pode estar máis adiante, pode seguir xogando ben ao fútbol e desenvolvendo este modelo de xogo".