RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso cre que ante o FC Barcelona "o importante é competir" e "dar nosa mellor versión"

Fran Alonso manifestou na sala de prensa de Abegondo que este domingo 4 de maio ás 17:30 (Gol Play, TVG-2, Dazn e 3Cat) no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona "o importante é competir. Queremos seguir crecendo. Sabendo que o contrario é moi favorito hai que dar nosa mellor versión e competir o máximo tempo posible".

Lembrou que na loita pola salvación "dependemos de nós mesmas. Temos 3 equipos por baixo e facendo as cousas o ben que o estamos facendo temos moitas posibilidades de conseguir o obxectivo".

O técnico deportivista reiterou que "estamos preparadas para o último partido loitar para manternos en Liga F. O equipo creceu moitísimo nestas semanas. Tivemos mala fortuna con algunha decisión clave, con algún resultado, con boas actuacións que non tivemos recompensas en canto a puntos que consideramos que nos mereciamos. Outras veces tivemos ocasións clarísimas que non soubemos converter".

A pesar das dúas derrotas nos últimos dous partidos, "se demostramos algo este ano é que soubemos reaccionar moi ben, co equipo moi forte mentalmente, con moitísima confianza no grupo e en que imos conseguir o obxectivo".

Do FC Barcelona sinala que frealo "é unha das cousas máis difíciles que nos podamos atopar a nivel de Club. Aínda encima está en moi boa forma. Fixérono moi ben en semifinais de Champions contra un equipo que a priori ían estar moi igualadas. Están nun momento espectacular, cun cadro espectacular. É difícilisimo paralas".

No entanto, asegura que "imos ir con moitísima ilusión, sabendo que o normal sería que perdésemos. Imos dalo todo, dar nosa mellor versión e tentar sacar algo".

Admite que pode haber máis opcións polo feito de xogar onte o Barça o seu partido ante o FC Levante Badalona e "só ter 2 días para preparar o noso partido. Para nós é unha final. Para elas é un partido máis. Son súper favoritas. Para conseguir algo temos que estar á nosa mellor versión, ter un pouquiño de sorte e que elas non teñan o seu mellor día", conclúe.