RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fran cre que o Celta sairá tarde ou cedo da súa situación

Fran compareceu esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". -Cantos derbis levas xa? -Non teño nin idea. A verdade é que nin me acordo. -Todos estes partidos ademais son di

-Pode afectarlle ao Celta a súa irregular tempada, con moitos tropezos en Balaídos?
-En absoluto. Creo que o Celta ten equipo para saír de aí tarde ou cedo.
-Considerádesvos favoritos?
-Eu nunca me considero favorito neste tipo de partidos. Ademais, quedou demostrado que na liga Española calquera rival pódeche complicar. Eles quererán gañar para comezar ben o ano e saír o máis rapidamente posible da zona baixa da clasificación e nós tamén queremos o tres puntos para seguir detrás de dous equipos, o Madrid e a Valencia, que levan un coeficiente de puntuación moi elevado. Se gañamos en Vigo, e cos dous partidos seguidos que temos en Riazor, poderemos ata igualar aos de arriba..
-Dixo Jesuli que este derbi era o de maior nivel do mundo.
-Home, os dous equipos estamos en Liga de Campións, e iso quere dicir algo; aínda que o Celta non estea a atravesar unha boa serie na liga.
-Que lle pides ao 2004?
-A nivel persoal que non teña ningunha lesión importante. A nivel profesional, que quedemos na liga entre os dous primeiros, se é posible. Ou se non de terceiros.
-Dun tempo para acó vese a un Fran cada vez máis maduro. E como profesional, chapeau.
-Eu desde que non teño tantas oportunidades trato de facelo o mellor posible en cada partido que saio. Desde logo estou orgulloso de achegar o meu granito de area a este equipo. Creo que hai moi poucos equipos no mundo que manteñan a regularidade do Deportivo.