Os deportivistas Fran e Donato asinarán autógrafos na Deportienda, este xoves día 20 de decembro, de 18:30 a 19:30.
A pasada semana foron Diego Tristán e Leo Scaloni os encargados de facer as delicias dos afeccionados branquiazuis pousando con eles e asinando autógrafos a todos os que se achegaron á tenda oficial do Deportivo da Coruña.