RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fran: Fun moi feliz. Nin nos meus mellores soños podería imaxinar o que pasei neste Club

Fran compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'. Estas foron algunhas das súas frases: "Fun moi feliz no Deportivo. Nin no mellor dos soños podía imaxinar que eu que era un neno dunha aldea moi pe

"Estou a desexar que pase xa o partido. Logo ireime para casa e terei os recordos tan magníficos que me levo deste club".
"Á afección dígolle simplemente grazas polo apoio que nos brindaron sempre. Nos bos e nos malos momentos".
"A persoa que máis me axudou na miña carreira foi o meu irmán José Ramón. El chegou antes ao Deportivo e a verdade é que despois foi un apoio constante para min".
"Creo que o vestiario está moi concienciado de que hai que gañar ao Mallorca para despedirnos dos nosos afeccionados".