RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fran: O Sevilla é un equipo perigoso

O Deportivo tivo hoxe en Riazor sesión de baño e masaxe. Unicamente Duscher e César fixeron carreira polo céspede do estadio coruñés. Mañá, haberá sesión a porta pechada en Riazor, ás 10:30, para preparar a visita dun Sevilla ao que se considera moi pe

Tampouco quere dicir nada para Capdevila, que se prevé titular o domingo ante a baixa segura por sanción de Romeu, o feito de que os sevillistas leven 36 anos sen gañarlle ao Depotivo: "Cada partido é unha historia diferente e pode pasar de todo".

Fran cre que, agora, tras os resultados das últimas xornadas, loitar polo título é "posible. Pero todo pasa por sacar adiante o partido do domingo". Iso si, o capitan branquiazul vaticina un choque complicado: "É o partido máis difícil que temos creo que ata o final de Liga".

Por fin, Capdevila, formado nas categorías inferiores do Espanyol, fará unha excepción por un día no Madrid-Barcelona de mañá sábado: "Por un día serei culé. Todo o deportivismo soña cun triunfo azulgrana en Madrid", comentou o lateral zurdo.