RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fran, operado

No día de hoxe foi operado Francisco Javier González Pérez, Fran, dunha distensión de ligamento lateral interno asociada a rotura meniscal interna do xeonllo dereito.

Fran foi intervido polo Doutor Arriaza realizándoselle unha meniscectomía subtotal interna e receción da plica senovial mediante artroscopia. A intervención realizouse sen contratempos e o capitán deportivista permanecerá ingresado durante o día de hoxe no Policlínico Santa Teresa da cidade herculina.
Espérase que o xogador sexa dado de alta mañá e o tempo estimado para reincorporarse aos adestramentos é dun mes e medio.