RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gaby incorpórase aos adestramentos e ultima así a súa recuperación

A atacante Gabriela García 'Gaby' incorporouse esta tarde aos adestramentos co grupo no regreso ao traballo do Deportivo ABANCA, de cara a preparar a visita da Valencia CF Feminino a Abegondo previsto para este domingo 25 de abril ás 12:00 h. Realizou completa a sesión desta tarde, primeira da semana.

Gaby lesionouse a principios de mes no tríceps sural, pero, co adiamento do choque ante o Atlético de Madrid por COVID-19 no equipo madrileño e co parón polos compromisos das seleccións, a dianteira branquiazul só perdeuse o partido do pasado sábado en Barcelona, á marxe da concentración de Venezuela con motivo da Basque Country International Cup no País Vasco.

A evolución de Gaby nos próximos adestramentos do Deportivo ABANCA será a que determine se estará en condicións de ter xa minutos de xogo ante a Valencia CF Feminino.