RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gañadores camisetas asinadas por Mauro Silva

Mauro Silva, aproveitando a súa visita á Coruña para a inauguración da rúa que leva o seu nome o pasado 12 de abril, deixou asinadas para os socios do Dépor 25 camisetas, unha de cada un dos xogadores do actual cadro. Xunto á súa firma, a do adestrador do Dépor, Clarence Seedorf e a do futbolista dono da camiseta, coa que o equipo e o Club queren agradecer aos socios o seu apoio durante a temporada e especialmente naqueles días transcendentais para o desenlace da competición.

As 25 camisetas sorteáronse na Oficina de Atención ao Deportivista entre todos os socios do Dépor cuxo carné de socio fose utilizado para acceder ao partido Dépor-Sevilla. Todos os códigos dos carnés lidos, como en anteriores sorteos, entraron nun sistema automático de xeración aleatoria de números para determinar os 25 socios do Dépor levan cada unha das camisetas de #OsNosos asinadas por Mauro Silva e que serán entregadas na previa do Dépor-Vilarreal que pecha a temporada en Abanca-Riazor:

1 Tytoń: Iván García Rivera, socio nº 20.767 de Tribuna Inferior Par
2 Juanfran: Ángel Luis Rego López, socio nº 14.132 de Pabellón Inferior Par
3 Fernando Navarro: Vicente Sánchez Pita, socio nº 10.621 de Preferencia Inferior Par
4 Eneko Bóveda: Francisco Javier Martínez Cascudo, socio nº 3.768 de Marathon Inferior Par
5 Pedro Mosquera: Iván López Martínez, socio nº 3.926 de Pabellón Superior Impar
6 Albentosa: Martín Souto Aldao, socio nº 23.537 de Pabellón Superior Impar
7 Lucas: Enrique Lorenzo Villar, socio nº 5.423 de Marathon Inferior Par
8 Emre Çolak: Jesús Antonio Iglesias Vidal, socio nº 1.676 de Marathon Superior Impar
9 Fede Cartabia: Pablo Roel Miranda, socio nº 11.365 de Marathon Inferior Par
10 Andone: Martín No López, socio nº 16.906 de Pabellón Superior Impar
11 Carles Gil: Noé Piñeiro Fernández, socio nº 26.706 de Pabellón Superior Par
12 Sidnei: Laura Casal Pombo, socia nº 4.670 de Pabellón Superior Par
13 Rubén: Francisco Núñez García, socio nº 5.082 de Marathon Inferior Par
14 Krohn-Dehli: Marisa Rodríguez Freijo, socia nº 10.796 de Preferencia Superior Impar
15 Adrián: Pablo Lorenzo Fernández, socio nº 18.540 de Pabellón Inferior Impar
16 Luisinho: Pablo Pardo Expósito, socio nº 16.792 de Pabellón Superior Par
17 Fede Valverde: Iván Manuel Rabón Gómez, socio nº 2.959 de Marathon Inferior Par
18 Bakkali: José Miguel Vilar Pallares, socio nº 26.581 de Tribuna Inferior Par
19 Borja Valle: Candela López Sánchez, socia nº 29.796 de Preferencia Superior Impar
20 Guilherme: José Antonio Bernárdez Jiménez, socio nº 1.350 de Preferencia Superior Impar
21 Muntari: Adrián Beltrán Núñez, socio nº 6.778 de Marathon Inferior Par
22 Borges: José Álvarez Barba, socio nº 1.299 de Pabellón Superior Par
23 Gerard: Gabriel Blanco Mata, socio nº 27.844 de Preferencia Inferior Par
24 Schär: Miriam Muñíz Rodríguez, socia nº 23.103 de Marathon Inferior Impar
25 Koval: Antonio Manuel Fraga Allegue, socio nº 11.828 de Pabellón Inferior Impar