RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Garitano e Lux non ocultan a dificultade do partido de mañá no Calderón

  Gaizka Garitano reconoció en rolda de prensa esta tarde que a derrota do pasado xoves en Riazor ante o Leganés "doe. O más importante é recuperar ao equipo anímicamente de face a mañana. Temos un part

O técnico deportivista é consciente de que no Deportivo "a esixencia é alta. Estamos nun gran Club, que ten unha gran afección, que gañou títulos. Iso xa o sabiamos desde o principio".
 
Do Atlético, explicou que "sempre ten bo persoal. Pero é certo que agora ten varios xogadores en varias posicións de nivel, ten catro puntas moi completos, moi bos, diferentes alternativas para xogar con extremos ou meter centrocampistas en banda".
 
 
Pola súa banda, Poroto Lux manifestou que o encontro ante o Atlético é "complicado, difícil. Trataremos de seguir facendo o que facemos ben, que é a parte defensiva. Por máis que encaixamos dous goles (o pasado xoves en Riazor), o equipo neste sentido está a facer un bo labor. E na parte ofensiva seguir insistindo. Nos partidos de casa tivemos posibilidades para gañalos e perdémolos os últimos dous. O primeiro que non estivemos ben o gañamos. Nesta liña imos ben, estamos a mellorar todos na parte ofensiva".
 
A xuízo da meta internacional, "todos temos que axudar para facer gol e todos temos que axudar para defender que non nos fagan gol".
 
Ve ao Atlético "ben. Estamos adoitados velo os últimos anos moi ben. Un equipo moi traballado, moi ordenado, coas ideas moi claras, e difícil de bater".