RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Gaspar Rosety non está vetado

Antes da rolda de prensa de onte remitíuselle ao director de Onda Cero A Coruña un fax que fixo público o programa "O Compás do Deporte" e que textualmente dicía:

"Moi señor noso:

Pomos no seu coñecemento que a partir do día da data a persoa acreditada en representación dese medio de comunicación para os partidos que esta S.A.D. dispute en Riazor é D. Alberto Gómez, ao que se lle manterá nas mesmas condicións vixentes ata o día da data a acreditación no seu día facilitada.

Independentemente do anterior facilitaránselle as acreditacións que necesite ata final da presente tempada ao prezo de 18.000 euros cada unha".

Por conseguinte, Gaspar Rosety, como calquera outro profesional ou comentarista desta cadea, pode acceder a Riazor a condición de que cumpra as condicións económicas esixidas no escrito transcrito anteriormente.