RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Gere, décimo cuarta renovación do Deportivo Abanca

A centrocampista María Geremías Taboada 'Gere' asinou a súa renovación por unha temporada máis co Deportivo Abanca.

Con Gere xa son 14 futbolistas as que forman parte do proxecto branquiazul cara á Temporada 2017-2018, a segunda da historia do conxunto feminino do RC Deportivo.

O Deportivo Abanca 2017-2018 conta coa segura participación de Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria, Raquel, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris, Lía, Malena, Miga e Gere.