Gomez Noya, campión da Copa do Mundo de Tríatlon, recibirá o agarimo da afección de Riazor
Javier Gómez Noya, o galego actual campión da Copa do Mundo
de tríatlon, recibirá mañá, antes de comezar o Dépor-Celta, o agarimo dos
afeccionados que acudan a Riazor.
Antes, na zona mixta do estadio coruñés, o triatleta
ferrolán recibirá unha camiseta do Deportivo de mans do Presidente, Augusto
César Lendoiro. No palco de autoridades estará mañá domingo o ciclista Óscar
Pereiro, que tamén se quixo sumar á festa do fútbol galego.