Este sábado 13 de decembro xogouse o groso da xornada en #ANOSACANTEIRA.
Destacou o gran triunfo do Fabril por 1-2 co CD Numancia en Los Pajaritos despois de arrincar cun gol en contra aos 2 minutos.
Domínguez á media hora e Bil a un cuarto de hora para o final déronlle a volta con xustiza a un partido moi serio do filial.
ANOSACANTEIRA recibiu ademais a convocatoria de Samu para a selección española sub-19 para un torneo en Xapón a próxima semana.
O defensor naronés incorporarase á concentración do equipo nacional o luns 15 e por conseguinte será baixa segura para o último partido do Fabril do ano, ante o Real Ávila CF no campo Arsenio Iglesias o 21 de decembro ás 12:00.
Por contra, Damián Canedo, que ademais acaba de debutar co primeiro equipo en partido oficial, sufriu unha lesión no ligamento cruzado do seu xeonllo dereito que lle obrigará a pasar polo quirófano.
En casa competiu o Cadete (na foto entre o texto) ante o Arosa SC (3-1), o San Tirso SD Cadete ante a UD Santa Mariña (4-5) e o Infantil ante o Arosa SC (8-0).
No campo Víctor Fernández Alonso venceu o Xuvenil B (na foto principal da noticia) ao Victoria CF (0-1) e o San Tirso SD Infantil ao Ural Español CF (0-7).
Completaron a xornada os triunfos na Torre do Fabril FC Alevín (1-4), Benxamín A (5-0) e Fabril FC Benxamín (2-3).
Para este domingo 14 queda o encontro no campo Arsenio Iglesias entre o Xuvenil A e o Bansander.
Os de Miguel Figueira están inmersos na loita polo liderado co RC Celta e o Sporting de Gijón.
O triunfo do Alevín A por 4-1 ante o Atlético Coruña Montañeros CF o pasado xoves 11 de decembro no Dépor Training Center abriu o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA.
Con este resultado, os branquiazuis suman 33 puntos e toman vantaxe á fronte da Primera Futgal A Coruña: 28 ten agora o 'Monta', segundo clasificado.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
15ª xornada: CD NUMANCIA 1 - FABRIL 2 (Domínguez e Bil)
Categoría xuvenil
División de Honra, 13ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 14 de decembro ás 11:15 no campo Arsenio Iglesias
Liga Nacional, 15ª xornada: VICTORIA CF 0 - XUVENIL B 1 (Guille)
Categoría cadete
División de Honra, 12ª xornada: CADETE 3 (Nico Giovanni, Sergio Cortizo e Daniel) - AROSA SC 1
División de Honra, 12ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 4 (Hugo Caridad, Tiago, Asier e Hugo Ferreiros) - UD SANTA MARIÑA 5
Categoría infantil
División de Honra, 12ª xornada: INFANTIL 8 - AROSA SC 0
División de Honra, 12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 7 (Hugo Álvarez, Yago Fernández -2-, Ruy Caamaño, Martín López -2- e Eliam)
Categoría alevín
Primera Futgal A Coruña, 12ª xornada (xoves 11): ALEVÍN A 4 (Enzo Fernández -2-, Adrián Liñares e Saúl Cancela) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1
Primera Futgal A Coruña, 12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Leo Galbán -2-, Martín Martelo e Martín Coronel)
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 12ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Hugo Cancela -2-, Pablo Campanero, Hugo Rey e Xosé Varela) - CD CALASANZ 0
Primera Futgal A Coruña, 12ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Álex Martínez -2- e Jaime Fraga)
