Esta tarde houbo gran expectación na Deportienda pola presenza de Diego Tristán e Leo Scaloni, que asinaron autógrafos e pousaron cos afeccionados que se achegaron ata a tenda oficial do Club herculino.
Nenos e non tan nenos gozaron dos seus ídolos futbolísticos que aproveitaron para charlar e chancear cos presentes nun ambiente moi distendido. Os afeccionados acudiron con fotografías, bandeirolas ou camisetas para que os xogadores asinásenllos, aínda que calquera caderno, folio ou revista foi válido para gardar o autógrafo para a posteridade.
Os seguidores deportivistas enchían as instalacións da tenda aínda que sempre respectando a súa quenda á hora de achegarse aos futbolistas branquiazuis. Algo máis dunha hora na que, sobre todo os afeccionados máis novos, gozaron de xeito abondo.