Este sábado estarán abertas os despachos de billetes do R.C. Deportivo na Mariña, de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas. O domingo, día do partido, desde as 10.30 horas nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.
Máis de medio centenar de agrupacións deportivistas xa se dirixiron ao club ou a Federación para pedir localidades (ata un máximo de 30) a 500 pesetas para o encontro do domingo ante o Real Valladolid. No entanto, aínda está aberto o prazo para solicitar as ditas entradas a prezo reducido. As localidades son para todas as bancadas excepto tribuna superior, tribuna inferior e preferencia superior. Para confirmar a petición, hai que porse en contacto coa Federación de Penas deportivistas (aínda que non se pertenza á Federación) no teléfono 981-227172, ou ben no fax: 981-257796. Así mesmo, tamén se poden contactar coas oficinas do R.C. Deportivo na Mariña, teléfono 981-229410. Por outra banda, os socios tamén poderán retirar entradas de acompañante na súa localidade ou similar, ao prezo de 500 pesetas.