Hoxe comeza o Desafío ABANCA co primeiro partido para os xogadores do Dépor
Hoxe arrinca o torneo solidario de FIFA 20 organizado por ABANCA para recadar fondos que contribúan a paliar os efectos do coronavirus. O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) abriu en ABANCA a conta ES23 2080 0388 2231 1000 3170 para recibir as doazóns das persoas que queiran colaborar con esta causa solidaria e que serán entregadas ao SERGAS ao finalizar o torneo. As doazóns deben facerse a través de transferencias a esta conta.
O torneo reunirá até o domingo ao tres principais equipos do fútbol galego que axudaremos desta forma ao fin benéfico do torneo. O Desafío ABANCA celebrarase os días 17, 18 e 19 de abril entre as 19:30 e 20:30 horas. Cada encontro terá unha duración de 20 minutos e cada equipo xogará un total de catro partidos, nos que participarán artistas galegos e futbolistas do Dépor, Celta e CD Lugo.
Os representantes de cada equipo son Víctor Mollejo, Mujaid Sadick, Marcos Pereiro e Rodrigo Vázquez no RC Deportivo; Denis Suárez, Brais Méndez, Fran Cañotas e Duarte Galbán no RC Celta; Yanis Rahmani, Jaime Seoane, Victor Grande e Brais Doval no CD Lugo.
Após o sorteo celebrado o mércores, os partidos e horarios son os seguintes:
Mollejo-Kanhotas, venres ás 19:30 h.
Méndez-Grande, venres ás 20:00 h.
Vázquez-Seoane, sábado ás 19:30 h.
Suárez-Doval, sábado ás 20:00 h.
Pereiro-Galbán, domingo ás 19:30 h.
Mujaid-Yanis, domingo ás 20::00 h.
Os partidos contarán con Donato, Manel e Manu Rodríguez como ilustres comentaristas e serán narrados pola xornalista Rocío Candal. Todos os encontros poderán seguirse a través da web habilitada www.desafio.abanca.com, a TVG2 e Facebook Live.