RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Hoxe en Depor Sport...<br>Así se fai unha foto oficial

Dépor Sport, o xornal oficial do Deportivo, recolle nunha ampla reportaxe fotográfica como se fixo o póster oficial do equipo branquiazul, onte xoves no Estadio de Riazor.


O Presidente Lendoiro non podía faltar. Pisou o céspede de Riazor e, nun ambiente distendido, chanceou co corpo técnico e os membros da Secretaría Técnica do club, Ricardo Moar e Eduardo López Beci.


Primeiro é necesario sacar a foto individual na zona mixta de Riazor, convertida por un día en estudo fotográfico. Ditas fotos dos xogadores do Deportivo serán para a Colección de Cromos oficiais da liga de Fútbol Profesional. Mentres os xogadores pasan todos polo obxectivo da cámara, Javier Irureta aproveita para ler Dépor Sport.


Aos poucos os xogadores do Dépor foron situándose nos bancos situados no céspede de Riazor. Munitis rebulda cun balón. Sergio aproveita os últimos instantes para colocarse ben a roupa...


As bromas e as risas foron as protagonistas da mañá. Algúns futbolistas, caso de Molina, tiveron que esperar cola para facerse a foto individual.


Chegan as últimas probas. Todo está a punto para o disparo definitivo.


Fran, Acuña... chancean pouco antes de que o fotógrafo dispare inmortalizando ao persoal da tempada 2004-05, a previa ao Centenario do club.