Mauro Silva, un dos grandes capitáns do Deportivo en toda a súa
historia, se sincera hoxe mércores nas páxinas de Dépor Sport. "O Depor non é un equipo feito para estar en metade da táboa, senón
para competir cos mellores de Europa. Eu gocei moi
Segundo o futbolista brasileiro, "é importante que a xente vexa que
existen diferenzas de estrutura e de poderío económico. Con todo, estamos
aí loitando con eles. Nestes momentos é cando máis hai que estar xuntos. Á
hora de celebrar os títulos e ir á fonte de Catro Camiños estamos
todos, pero cando as cousas van mal tamén hai que estar unidos. Nós
tamén estamos decepcionados. Por desgraza as cousas non están a saír do
todo ben. Por iso, é agora cando debemos mostrar unidade ante a adversidade",
apunta.
E é agora, cando o equipo non está arriba, cando Mauro Silva pide,
a través de Dépor Sport, apoio: "O Barça non puido manter o nivel do
Dépor nos últimos tempos. Agora ninguén se acorda dos anos que levan
fóra da Champions. O noso ten mérito. Por iso, é importante ter
apoios de todas partes para que isto funcione".
Por esta razón, o eterno cerebro deportivista pide que a xente se implique
na ampliación de capital. "É importante se queremos ver ao
noso equipo no máis alto. Xa non digo estar ao nivel do Madrid ou do Barcelona,
pero polo menos ter uns ingresos que permitan que se o Madrid ficha unha punta,
nós podamos acertar con outro que custe o dez por cento", conclúe.