RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Hugo Rama, na súa presentación: Estou moi ilusionado de volver a casa. Son un tío moi feliz agora mesmo

Hugo José Rama Calviño, coñecido futbolísticamente como Hugo Rama (Oroso, A Coruña, 22 de novembro de 1996), foi presentado esta mañá como novo xogador do Dépor até xuño de 2025, con posibilidade de ampliar unha máis.

Despois de pousar para os medios gráficos no campo principal da Cidade Deportiva coa camiseta branquiazul, Fernando Soriano subliñou na sala de prensa en primeiro lugar o seu "pasado deportivista. Criouse en #ANOSACANTEIRA"; e a continuación destacou que "pode xogar de 6, 8, 10 e mesmo algunha vez por fóra".

Pola súa banda, Hugo Rama se sinceró ante os medios de comunicion e dille a #ANOSAFORZA que "son un máis, que teño moitas ganas de triunfar aquí. Estou moi ilusionado de volver a casa. Son un tío moi feliz agora mesmo e teño moitas ganas de demostrar ao deportivismo que quero levar ao Dépor todo o máis alto". 

Confesa que "tiña a espiña de non triunfar aquí. Levaba tempo pensando volver e agora déronse todos os condicionantes. Estou encantado de estar aquí. Teño moitas ganas de devolver ao Dépor ao lugar que se merece".

Ten palabras de agradecemento para Fernando Soriano e Juanjo Expósito (xefe de scouting) porque "puxeron moito empeño e iso fixo que a miña decisión fose máis fácil".

Resalta que neste mercado de verán "había máis opcións pero desde o principio viuse que a idea que tiñan (Fernando Soriano e Juanjo Expósito) era clara. Vinos moi convencidos e iso fixo que dese o paso de querer vir aquí".

Debido a que o debut co Dépor produciuse o pasado sábado no Estadio Anxo Carro ante o CD Lugo, un dos seus ex equipos, apunta que foi "especial. Volver porme de novo a camiseta do Dépor facíame moita ilusión. Adestrara o día anterior só pero tiña moitas ganas de entrar ao campo e demostrar que quero estar aquí, que teño moitas ganas de facelo ben para #ANOSAFORZA, para a cidade". 

Hugo Rama subliña que "temos un moi bo equipo. Todo o mundo ten ganas de facelo ben. Estamos centrados no equipo, en facelo o mellor posible e con moitas ganas de lograr o obxectivo".

A nivel persoal vén para "axudar ao equipo. Oxalá sexa con moitos goles e asistencias. O máis importante é o equipo e todos queremos o ben do equipo".

A pouco máis de 3 días de pisar ABANCA-RIAZOR nun partido oficial, este domingo ás 19:30 (FEF TV) ante o CD Teruel, Hugo Rama móstrase ilusionado "con volver. Xogar co primeiro equipo do Dépor é o que máis feliz me fai agora mesmo".