O luns, ás 20:30 horas, o Palacio dos Deportes de Riazor acollerá o I Memorial Andrés Caramés entre o Liceo e a selección Arxentina de Hockey que servirá de homenaxe ao recentemente falecido fisioterapeuta do Real Club Deportivo e director da Deporclínic
Caramés, que faleceu o padado xuño na cidade herculina vítima dunha longa enfermidade, era coñecido pola súa brillante carreira como adestrador de hockey a patíns. Adestrou ao Liceo Caixa Galicia durante oito tempadas, co que conseguiu todos os títulos posibles, 5 Ligas, 3 Copas do Rei, 3 Copas de Europa, 1 Recopa de Europa, 4 Supercopas de Europa e 3 Copas Intercontinentais. Posteriormente foi seleccionador nacional español durante catro anos. Na súa etapa de fisioterapeuta do Deportivo, conquistou 1 Liga, 1 Copa do Rei e unha Supercopa de España. A parte de ser fisoterapeuta do primeiro equipo, dirixía a Deporclínica.