RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Imanol: Temos que ter os pés no chan, calma, humildade

Imanol Idiakez manifestou na sala de prensa de Castalia que a temporada "foi chea de emocións. Vivímolo todo, a cara e a cruz do fútbol. Pasamos por moitas situacións e eu estou moi contento polos xogadores, polo staff, polo Club, por #ANOSAFORZA porque o Dépor volveu a un lugar de onde nunca debía saír. Estamos contentos por facer o traballo".

O técnico deportivista admite que "non lembro unha temporada fácil no fútbol profesional. E no Dépor nada é fácil porque o Dépor volverá estar nunha categoría que non é a súa. Temos que traballar todos para que volva canto antes onde debe estar pero cos pés no chan e sabendo que os procesos hai que seguilos. Igual que esta temporada seguimos un proceso e cando non ía ben era difícil entendelo. Agora vimos a flor daquela semente. Temos que ter os pés no chan, calma, humildade. É unha lección moi importante a humildade que este grupo tivo. O ano que vén temos que ter humildade porque se repasades a Segunda División veredes a de candidatos que haberá o ano que vén para todo".

Cualificou do partido de onte á noite en Castalia como "moi bonito, moi interesante. O CD Castellón xoga moi ben, mete moita xente por diante da pelota, ten momentos que che obriga a defenderche e estar preto da túa área; pero o equipo fixo un partido espectacular. Estou moi contento polos rapaces, por #ANOSAFORZA e polo título. Esperemos non volver a esta categoría nunca e que na única oportunidade de gañalo conseguímolo".

Recalca que "acabamos ben pero temos ganas de irnos para casa. Celebrárono no vestiario porque creo que o mereceron pero toca descansar e cargar pilas".

Mostrouse contento con Erik Puerto, un dos protagonistas, porque "fixo un moi bo partido. E Lucas é un xogador doutra categoría e volveuno a demostrar. Fixo unha temporada brutal e estou moi contento por el".

Finalmente Imanol Idiakez cre que para a temporada que vén "temos unha moi boa base. Acabamos ben. Agora a descansar pero o Club seguirá en marcha evidentemente". "As cousas na vida hai que facelas paso a paso. Había que terminar, terminamos. Gañamos a Copa contra un rival buenísimo como é o CD Castellón. Estamos moi contentos polo traballo da temporada e agora a descansar. O Club seguirá en marcha e estou convencido que o Dépor fará un bo equipo a temporada que vén", concluíu.