RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Inauguradas as novas instalacións do estadio de Riazor

O presidente do Deportivo, D. Augusto César Lendoiro, inaugurou esta mañá as novas instalacións do estadio de Riazor, que sufriu unha importante remodelación con motivo da participación do equipo na UEFA Champions League.

O presidente destacou a calidade das obras, a rapidez na execución, así como o investimento económico realizada. Agradeceu os esforzos das empresas executoras e a colaboración da UEFA, destacando o salto cualitativo que supón esta remodelación.

Miguel Galán, membro da UEFA desprazado ata Riazor, mostrouse sorprendido polo excelente traballo realizado a nivel de infraestruturas. O representante de prensa da UEFA Borja Bilbao destacou que Riazor reune as características da liga de Campións, e o que se pretendeu é adecuar o estadio ás necesidades dos medios: "chapó ao Deportivo pola remodelación realizada".